Biblioteca

  

A biblioteca do noso centro comezou a súa andadura no ano 1982... Naceu co nome de “Biblioteca Uxío Novoneyra”. O seu afianzamento tivo lugar a partir do curso 1999_2000, especialmente grazas á continuidade nas súas funcións da profesora encargada da mesma e dun pequeno grupo de profesorado colaborador. 

  No ano 2003, acadou o Primeiro Premio no “Concurso Nacional de Ideas para a Mellora e Innovación das Bibliotecas Escolares” e transformou o seu espazo no lugar que xa levaba tempo imaxinando: un lugar para ler, para aprender, para estar e para compartir. 

  En xunio de 2020, co permiso e a complicidade de Uxío Novoneyra e do Claustro do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto, a nosa biblioteca pasou a ser recoñecida polo seu nome propio, polo nome que lle é de seu: Biblioteca Carmen Loriga Tomé

Podes realizar a  túa solicitude de préstamo de xeito presencial no noso horario habitual.  

Para afacerte co funcionamento do buscador podes consultar a "Guía rápida de búsquedas no catálogo"

Horario de apertura:

De luns a venres de 8:30 a 15:00 e de 16:00 a 21:30, agás os venres que pechamos ás 20:30.

Outros documentos de interese