Club de lectura

A praia dos afogados é o libro co que inauguramos a actividade do clube de lectura do ciclo de Animación Sociocultural.

Ao  longo de cinco sesións fomos afondando nas personaxes e nas súas relacións pero tamén nos lugares que habitan, os espazos que percorren, a musica que escoitan...

Comezamos preguntándonos se Leo Caldas era un tipo duro? Polo de pronto pareceunos que non expresa ben as súas emocións e sentimentos; quizáis non sabe ou quizais non quere (os homes non choran!). Pero é sensible aos sentimentos dos demais aínda que tampouco parece saber como situarse fronte a eles. O tempo dirá se isto é so unha primeira impresion.

 O personaxe de Rafael tamén nos deu moito que falar: a súa idea sobre a indecisión galega e o cuestionamento que da súa competencia profesional parecen facer os seus superiores. Ao final cremos que xa lle vai pillando o seu aquel á idiosincrasia galega.

Gustounos que cada capítulo comece coa definición dunha palabra porque nos crea expectación e nos sitúa cara o que vai acontecer.

leer más Algunhas persoas botan de menos unha maior descrición de algúns personaxes coma se houbera que ter lido previamente a primera novela. Outras, en cambio, consideran excesiva a descricion dalgunha parte, por exemplo, a que se desenvolve no viñedo do pai.

E nos gusta o galego do libro; sacarollas foi a palabra que máis chocou ao grupo aínda que hai outras ben fermosas que esperamos engadir á nosa fala cotiá.

Progresivamente van aparecendo novas personaxes da vida de Leo: Manuel Trabazo, médico co que ía pescar de neno. Agora está xubilado. Para Leo, este Manuel era como aquel outro Manuel "el Portugués" de Capitanes Intrépidos, interpretado por Spencer Tracy. Tamén imos coñecendo máis cousas acerca de Rafael, resulta ser un home moi observador e certamente impulsivo e mesmo violento.

Botando contas averiguamos que Leo e Alba levan menos de dous anos separados pois esa foi a última vez que se víu con Trabazo e nesas datas aínda andaban xuntos xa que o médico descoñece a súa separación.

O autor tamén deixa ver a súa preocupación polo medioambiente: "xa non se ven peixes ardendo no mar. Para ver a ardora hai que afastarse no mar". Fermosa palabra: "ardora", "mar de ardora".  No mesmo sentido se fai referencia aos danos xerados na costa pola construcción ao tempo que rivindica o labor dos patróns de obra fronte aos arquitectos, aos que non deixa moi ben parados.

As páxinas lidas tamén nos permiten descubrir algúns rituais ou elementos vinculados ás supersticións: as bolsiñas con sal, o laurel, as ferraduras. O morto levaba unha bolsiña con sal!. Soubemos tamén que os curas non suben aos barcos porque trae mala sorte.

Polo que respecta á investigación, imos avanzando. Parece que a arma asasina é unha macana ou pau de madeira cunha bola nun extremo. Polo demais e deixándonos levar polo autor escoitamos a Canción de Solveig que asubiaba o morto ata días antes de morrer, falamos da fermosura do Templo Votivo do Mar e tocamos moedas xa en desuso coa excusa de que se menciona o valor do patacón nun momento da historia.

Tras o parón do entroido, por fin escoitamos a "música de pensar" de Leo Caldas, Promenade, unha peza de Gershwin. Todos coincidimos en que máis semella unha música de debuxos animados e de acción que unha música axeitada para pensar, alomenos no seu inicio.

Coincidimos tamén en que a medida que avanza o libro vai mudando a forma narrativa; o ritmo é máis rápido e cada pouco aparece un dato novo que fai dar un xiro á investigación. O final pareceunos estupendo e trepidante.

Como non podía ser doutro xeito, quedamos con ganas de saber que vai ser de Leo e Alba, pero tamén do pai, o tío, Manuel... Esperamos impacientes polo terceiro libro.

Febreiro de 2015.